VICENTE RISCO

Fillo dun funcionario da Facenda, Risco foi un rapaz de saúde delicada, amigo dende a infancia de Ramón Otero Pedrayo, en 1899 remata o bacharalato. Estudou por dereito por libre na Universidade de Santiago, licenciouse en 1906 e ingresa no corpo de funcionarios da Facenda, con destino en Ourense.Neses anos participa na tertulia que dirixía Marcelo Macías na Comisión de Monumentos, na que se xuntaban intelectuais como Xulio Alonso Cuevillas ou Arturo Vázquez Núñez e que vai influír na vocación literaria de Risco. As lecturas dos decadentistas franceses e ingleses van poñelo en contaco co ocultismo e o orientalismo, estudando o budismo e mesmo afiliándose ao teosofismo.En 1910 Risco entra na redacción do xornal local, El Miño, no que escribe artigos filosóficos e de actualidade cos seudónimos de Rujú Sahib e Polichinela e literarios co seu propio nome, admirador de Rabindranath Tagore dárao a coñecer nos círculos ourensánsEn febreiro de 1912 Risco coñece a Castelao e gaba un dos seus discursos en El Miño, pero Risco manterase aínda lonxe do movemento galeguista.En 1913 marcha a Madrid para estudar maxisterio, alí será alumno de Ortega y Gasset, trata a Ramón Gómez de la Serna e Luis de Hoyos Sáinz e volta ao catolicismo.En 1916 rematados os seus estudos volta a Ourense como catedrático de historia da Escola Normal. En 1917 funda con Arturo Noguerol Román a revista literaria La Centuria, que se convertera nun antecedente, pola xente que colabora nela da revista Nós.O pensamento político de Vicente Risco baséase na crítica á modernidade, considerada como decadencia e abandono das formas de vida máis puras e lexítimas, ao tempo que exalta a irracionalidade, o misticismo e a relixiosidade popular, por iso mesmo rexeitará a literatura realista. Risco tamén despreza a civilización mediterránea e defende o celtismo e atlantismo, para o que mirará a Portugal e en especial Irlanda polo seu catolicismo e pola loita vitoriosa contra do imperialismo inglés.A Galicia verdadeira, para Risco, é a tradicional, a dos labregos e mariñeiros, e esa a Galicia na que se garda a esencia da raza, o sentimento relixioso da Terra.







